Template:Appeal/default/gl: Difference between revisions
m 1 revision: re-importing Jimmy 2 translations |
|
(No difference)
|
Revision as of 21:39, 9 January 2012
Xa está. Template:AppealTimeLeft
Estamos nesa época do ano na que xente de todo o mundo se une para manter e protexer a Wikipedia.
Se todas as persoas que len isto doasen 10 dólares, a recadación remataría hoxe. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben, porque cada ano a cantidade suficiente de xente decide facer unha pequena doazón. Fai unha doazón de 5 dólares, 20 euros, 1000 iens ou aquela cantidade que ti poidas para axudarnos a acadar o noso obxectivo antes da fin do ano.
Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 13.000 empregados. Nós contamos con 679 servidores e 95 empregados.
A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 470 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.
Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia. A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.
Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.
Este ano, considera facer unha doazón para protexer e manter a Wikipedia.
Grazas,
Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia